Os festivais galegos do verán

Port América

17, 18 e 19 de xullo | Nigrán

Leva 3 edicións pero vai camiño de converterse no referente galego do indie. Calamaro, Vetusta Morla, Love of Lesbian ou The Jawhawks como algúns dos grandes nomes sen olvidar os míticos The Sonics, Iván Ferreiro, Calexico ou moitas outras bandas ou artistas da primeira fila do circuito alternativo.

http://portamerica.es/

Lista de Spotify: Port América 2014

Sin Sal

25, 26 e 27 de xullo | Illa de San Simón

O que mola do Sin Sal é que non coñeces o cartel, é na Illa de San Simón e o aforo é limitadísimo. Se che gusta arriscar, podes levar algunha que outra sorpresa vistas as actuacións de anos anteriores. O festival imprescindible para os auténticos hipsters.

http://sinsalaudio.es/

Festival do Norte

4, 5 e 6 de xullo | Illa de Arousa

O Festival do Norte cambia de ubicación este ano e trasládase á Illa de Arousa. Un cartel con imprescindibles como The Pains of Being Pure at Heart, Lori Meyers, L.A., Oso Leone, etc. nun entorno privilexiado. Durante o día podes descansar nas privilexiadas praias do parque natural.

http://www.festivaldonorte.com/

Lista de Spotify: Festival do Norte 2014

Deixar unha resposta