San Xoan 2013 na Coruña: “Benvidos á noite máis marabillosa do mundo”

Unha nova noite de queima na cidade meiga agarda o domingo 23 a todos os coruñeses e visitantes. A festa máis ansiada de todo o ano, este ano co eslogan “Coruña, espirito de lume. Benvidos á noite máis marabillosa do mundo” está tomando un carácter que cada vez máis traspasa os confíns de terras galegas. E este ano acompañada polo demandado festivo do día 24. 

A noite máis curta. A noite máis máxica. Cacharelas, sardiñas e moita festa en moitos lugares de Galicia co epicentro nas praias coruñesas de Riazor e o Orzán. Sen olvidar as tradicionais cacharelas dos barrios que espallan por toda a cidade ese característico cheiro a fume da noite de San Xoan.
O concello programou este ano toda unha semana de celebracións onde ata se lles deu por meter polo medio a Alejandro Sanz e Hombres G, ademáis dun novo festival no Parque de Santa Margarida, o Bipolar Fest. Sardiñadas populares, actividades para nenos, a tradicional lumeirada de Riazor e a Panorama e a Cinema ambientando dende o Paseo na noite de San Xoan completan a oferta “sanxoaneira” da cidade. Como novidades, o Concello dará madeira para as cacharelas a quen queira e sorteará 15 voos a destinos europeos entre a xente que recolla o lixo da praia (o principal problema da festa).
Unha forte campaña de comunicación por parte de Turismo da Coruña con videos ata en 8 idiomas (incluídos o ruso e o flamenco) e unha coidada estratexia na rede, onde podes ata crear a túa propia persoaxe “sanxoaneira” tentan facer o pulo definitivo para situar a San Xoan entre o top de festas ibéricas.

Deixar unha resposta