Experimento nas Elección Galegas. Marketing político, sensacionalismo e veracidade

Esta noite comeza a campaña para as eleccións galegas. Durante estes 15 días escoitaredes datos, frases, estudios e expertos falando de cómo vai quedar o parlamento galego despois do 21-O. Pero, ¿canta de esa información é válida? ¿Cantas veces se vai a metodoloxía da obtención dos mesmos? ¿Sabemos algunha vez se a estatística é válida ou fanse cunha compoñente de marketing político interesada na obtención duns resultados?

Despois de nas anteriores municipales poñer a proba os políticos galegos e a súa participación real nas redes sociais toca un novo experimento nestas unhas eleccións.

Inventa uns datos, desglosaos e publicaos en twitter. Adornao con que o sacaches dalgún lugar secreto (as filtracións internas sempre teñen esa compoñente mística que tanto nos gustan) e mira a ver que pasa ¿Importa máis o dato ou as fontes e a metodoloxía? ¿Sensacionalismo, marketing político ou veracidade?

 

Deixar unha resposta