Éxito galego nos Xogos Olímpicos de Londres 2012

Éxito total para o deporte galego nos Xogos Olímpicos de Londres. Catro medallas: ouro en Elliott 6m para a coruñesa Sofía Toro e a viguesa Tamara Echegoyen (xunto coa asturiana Ángela Pumariega), prata de David Cal en C1 e prata tamén para Gómez Noya en triatlón. Ademáis, a viguesa Begoña Fernández conseguiu o bronce en balonman xunto co seu equipo.

David Cal convértese no atleta da delegación española con máis medallas de toda a historia. Suma un total de 5 á espera de saber se se presenta (e repite nos Xogos de Río).

Conseguiron diploma Teresa Portela e Jose Antonio Hermida ó quedar de cuartos en K-1 e mountain bike respectivamente.

Deixar unha resposta