Vilamor: anos 70, comunas hippies e montañas lucenses

E que Vilamor é unha desas películas que fan que saquemos peito en Galicia do bo cine que se fai por aquí. Ignacio Vilar, despois do gran éxito de Pradolongo en 2008,cóntanos agora a historia de amor surxida nunha comuna hippie da Fonsagrada nos anos 70. No reparto conta con actores como Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez.

A película estreouse a finais de marzo facendo un tour que comezou en Lugo e anda estes días por Compostela (16/24 de xuño) e probablemente virades pola vosa vila ou cidade a caravana hippie que están a utilizar para promocionar a peli.

Site oficial: vilamor.eu

Deixar unha resposta