Un paseo pola Xuventude Galicia Net XGN13

Voltamos outro ano máis á Xuventude Galicia Net, esta vez na súa 13ª edición e que volveu a reunir a miles de mozos e mozas galegos en torno a multitude de actividades durante unha fin de semana.

E vaia se cumpliu expectativas este ano. O Pazo de Congresos de Compostela estaba ata a bandeira de xoves desexosos de participar nas actividades. Como outros anos, a raíña de todas era a LAN Party, pero non faltaron as videoconsolas, os scalextric, o futbolín, o Conecta4 ou as cartas. Incluso palomitas gratis para todos os asistentes. Simuladores de golf, de esqui e campionatos dos xogos máis populares entre os mozos.

Non faltou tampouco a esgrima, o rockodromo ou o paintball, así coma charlas centradas no mundo da tecnoloxía con referentes coma Rubén Bastón, Javier Megías ou Enrique Dans. Ata houbo lugar para os negocios, cun concurso de startups creadas por mozos.

Outro ano máis a XGN convértese nun referente en ocio e tecnoloxía para a mocidade galega. Un evento, que a pesares da crise, medra tanto cualitativa coma cuantitativamente.

Deixar unha resposta