Coñecendo Meteogalicia: O Radar de Cuntis

Aproveitando o Día Mundial da Meteoroloxía e que Meteogalicia tiña xornada de portas abertas tanto no radar como nas oficinas fomos ata alí para coñecer in situ o sistema de predición do que dependemos todos os galegos para coñecer do xeito máis fiable posible o tempo que vai facer nas próximas horas (tamén temos AEMET, pero é estatal).

A primeira parada foi o radar de Cuntis. Aínda que á altura de Valga pola AP9 vese perfectamente foinos compricado chegar ata el. A sinalización é case nula e a pista forestal de acceso (de varios kilómetros) é case recomendable só para 4×4.




O radar construiuse no Monte Xesteira sobre unha torre de comunicacións de 54 metros de altura e foi inaugurado en Xaneiro de 2011. Sorprende o chegar o cumio do monte a visibilidade que ten. Podemos ver a Ría de Arousa, o Barbanza, Santiago, a Central de Meirama, A Estrada. Esta visibilidade xunto coa centralidade fan o Xesteira o lugar perfecto.

Cun radio de 250 a 300 km o radar da plena cobertura a toda Galicia e posibilita a predicción exacta de choiva, saraiba e neve cunha antelación de varias horas. Se queres coñecer detalladamente cómo funciona aquí tes a propia explicación de Meteogalicia. Destacar que o radar é de doble polarización, o que permite unha medición moito máis precisa dos fenómenos meteorolóxicos.

Unha das funcións máis importantes deste aparello é a de obter datos para a coordinación e aviso das forzas de seguridade e os servizos de emerxencia, axudando así á prevención de desastres naturais ou situacións de risco para as persoas.

O radar non precisa de persoal traballando alí, senón que envía directamente os datos as oficinas e só precisa labores de mantemento.

Consultar a predición do radar en tempo real

Deixar unha resposta