A folga xeral en Galicia

Hoxe celebrouse a 8ª Folga Xeral convocada por diferentes sindicatos (UGT, CCOO, CIG, CNT…) e os medios cifran as manifestacións nas grandes cidades galegas en 150.000 persoas en Vigo e 100.000 na Coruña.

O seguemento da Folga Xeral oscila entre o 80% que ofrecen os sindicatos e o 35% que di a Xunta.

As dúas imaxes que están a circular nas redes sociais e dan boa conta das manifestacións do mediodía son a da Gran Vía de Vigo e a panorámica dende o Obelisco da Coruña.

Deixar unha resposta