Os políticos galegos responden: eles SI usan Twitter (II)

Imos coa derradeira entrega da nosa campaña: Políticos galegos, ¿estades ahi? na que buscamos durante o último mes os políticos galegos que están usando o twitter de xeito activo e persoal.
A cousa a deixaramos co actual alcalde de Lugo, José Lopez Orozco e a súa xenial resposta (hai que admitilo, foi a mellor de toda a campaña).
Pablo Florez (@pablo_florez)
O vicesecretario de NNXX de Lugo defende Twitter como a forma máis divertida de comunicarse. Totalmente de acordo!

Xosé Sánchez Bugallo (@X_S_Bugallo)

O alcalde de Santiago respondíanos cun escueto:
Jorge Cubela (@alcaldecubela)

O xove aspirante a alcaldía de Cotobade polo PP saudábanos e enviabanos foto adicada e todo, con algún traspés técnico (como ben di, é o que ten a tecnoloxía). Graciñas Jorge!

Blas García (@blasgarcía)

Blas é o responsable de cibercomunicación do PSdeG e chegaba a nós cun saúdo e unha invitación a unha caña o recomendador.
Pachi Vázquez (@pachivazquez)

O secretario xeral do PSdeG mostrabanos o seu iPad, que sempre vai con él, con fallos técnicos á hora de adxuntar a imaxe que horas máis tarde arranxaría.
Rafael Guerrero (@rafaelguerrero)

O alcalde de Noia respondíanos á pregunta de quen hai detrás das contas, ó estilo galego:
Antón Sanchez (@antonsanchez)

O candidato a alcaldía en Curtis polo PSdeG respondía a recomendación doutros seguidores a que el sí estaba no Twitter.

María Torres (@MariaTorresP)

A secretaria de XSG deixabanos unha das respostas máis retranqueiras de todas.

Se queres ver os primeiros en respostar a esta campaña aquí tedes o primeiro post.
E ata aquí o noso “estudio” para saber os políticos e políticas que utilizan, e ademáis de xeito persoal, o Twitter. Esperamos que vos sirva a todos para coñecer unha nova vía (das máis directas) para contactar cos vosos representantes nas instititucións. Graciñas a todos!

Deixar unha resposta