A TVG cumpre 25 anos

Un día coma hoxe de hai 25 anos iniciábanse as emisión da primeira canle autonómica de Galicia, con programación totalmente en galego.

Despois de anos de dominio total e absoluto das canles de TVE, e antes da chegada das privadas, engadíase ó mando a distancia (dos que o tiñan) o número 3, a TVG.
Neste video podemos ver como foi o inicio da canle:

Se temos que destacar algunhas dos principais hitos ou referentas da galega nestes 25 anos, son:

  1. Xose Ramón Gayoso
    É a cara da galega. Non hai festa, gala ou día grande no que non saia Gaioso de mestre de cerimonias. O seu programa Luar, é o programa por excelencia da Galega: milleiros de artistas cantaron o “Apaga o Candil” no seu escenario dende setembro do 92. Tamén os centos de miles de espectadores esperan cada venres a chamada de Gayoso.

  2. Xabarín Club
    Toda unha xeración de nenos medrou cos debuxos animados que cheaban as tardes e as mañas das fins de semana e do verán da galega. Cunha banda sonora memorable con grupos como Herdeiros da Crus ou Siniestro total estaban a meirande parte de nenos galegos co bocata pendentes da pantalla. Series como Songoku, Doraemon, Hatori ou Beakman fixeron que ver debuxos en galego fose superior a velos nas outras canles. A través da xabatarxeta, máis de 100.000 nenos galegos fixeronse do clube. Tirón de orellas para a galega actual para que poña a Xabarín no lugar que se merece coma antano.

  3. Telexornal

    A rede de servicios informativos da galega medrou e consolidouse cos anos e ofrecen unha cobertura potente e actualizada. Os medios dos que dispón a galega non lle teñen nada que envidiar a calquera outra canle europea, que van dende a cobertura de toda festa jolgorrio que hai en Galicia na Revista, ata unha rede de corresponsalías que cubren toda a xeografía galega e corresponsais permanentes en Portugal, Madrid e Bruxelas. Os directos tamén son un dos seus puntos fortes.

  4. Santiago Pemán
    O home do tempo da galega por excelencia. Xa xubilado (polo menos da galega) e o home que pronostica o tempo cunha mistura de Meteosat e refraneiro popular (o máis fiable). Quedarán para a historia frases como “Maruxia, forte marexada, ondas de 3 a 4 metros

  5. O futbol na galega

    Palabras como luba, escornadura de nocello, longueiro e moitas outras nunca chegarían á nosa vida cotidiana se non fose polo equipo de deportes da galega. Outra das súas fazañas son as longas coberturas dos éxitos do Deportivo: nunca un especial de algo durou tantas horas.

  6. Superpiñeiro

    O actual presentador de magazines e programas de radio na galega foi o presentador do concurso por excelencia da tvg. Moitos fogares galegos seguen lucindo con orgullo a gorra do Supermartes, programa lembrado polo esqueleto Atilano e a súa trompeta, o mentireiro verdadeiro e as azafatas de bo ver que lle sacaban dúas cabezas a Piñeiro.

  7. A dobraxe

    Hai frases que pasaron á historia, voces que non serán o mesmo en castelán. “Vai rañala raparigo” (Sayonara baby) ou Shin Chan son dous exemplos claros de que hai cousas que so nos valen en galego.

  8. Mareas Vivas
    Portozás, con permiso de Pratos Combinados e a orixe da ficción galega. Gracias a esta serie desatouse toda unha producción propia galega de calidade que da hoxe series como Matalobos, Padre Casares e compañía.

  9. A publicidade

    Moitos anuncios durante todos estes anos so se puideron desfrutar na TVG. O Ratibrom e Seguriño son dous grandes exemplos.

  10. A imaxe corporativa
    A Galega (aka TVG) mudou a súa imaxe hai uns anos pero sempre recordaremos o logo máis dificil de debuxar da historia, aquel que tiña a gaivota facendo o v, o t e o g limitando tres ondas do mar polos lados.

E vos, ¿acordádesvos de algún máis?

One thought on “A TVG cumpre 25 anos

  1. Pois as televisións autonómicas hoxe máis que nunca representan a calidade e a identidade cultural do pais, posto que as privadas so emiten lixo e cotilleo.

Deixar unha resposta